Acceso curso 2022-23

Acceso curso 2022-23

 

Xa está publicada a Orde que informa do procedemento para o acceso ó curso 2022-23 na Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia.

O calendario é o seguinte:

Matrícula

Hai dous prazos de presentación de solicitudes:

Ata o 23 de maio para os aspirantes SEN título de Bacharelato.
Ata o 23 de xuño para os aspirantes CON título de Bacharelato.

  • 25 de maio. Publicación da listaxe provisional de inscritos admitidos e excluídos para a proba substitutiva do Bacharelato.
  • 26 e 27 de maio. Reclamación contra a listaxe provisional.
  • 30 de maio. Publicación da listaxe definitiva de admitidos e excluídos para a proba substitutiva do Bacharelato
  • 31 de maio. Realización da proba substitutiva do Bacharelato.

  • 28 de xuño. Publicación da listaxe provisional de inscritos admitidos e excluídos para a proba de acceso específica.
  • 29 e 30 de xuño. Reclamación contra a listaxe provisional.
  • 4 de xullo. Publicación da listaxe definitiva de admitidos e excluídos.
  • 5 de xullo. Realización da proba de acceso específica.
  • 8 de xullo. Publicación da listaxe provisional de cualificacións da proba de acceso específica
  • 18 de xullo. Adxudicación de prazas.
  • 19 – 21 de xullo. Matrícula.

A inscripción pode ser presencial ou telemática.

Presencial: Rúa Xeneral Martitegui s/n. Pontevedra Atención de 9 a 14h. As persoas que acudan á Escola deberán respectar as normas sanitarias recomendadas para ese momento. As persoas aspirantes que só dispoñan
de pasaporte deberán realizar a inscrición na Secretaría da Escola.

Telemática: a través do portal: www.edu.xunta.es/eas/

-Proba de acceso: 5 de xullo.

Na nosa web hai exemplos das probas realizadas noutras convocatorias.

Preme aquí se queres información sobre traslados de expediente.

As persoas interesadas no acceso para titulados do anterior plan de estudos poden consultar aquí a información de interese.

Para solucionar dúbidas/outras consultas:

-Teléfono: 886 15 97 35

-Correo: escola.conservacion.galicia@edu.xunta.gal

-Presencial: na Secretaría do centro.