Día do patrimonio
O Día Internacional do Patrimonio Mundial, que se celebra o 16 de novembro, conmemora a aprobación, en 1972, da Convención da UNESCO para a Protección do Patrimonio Mundial Cultural e Natural.
Esta data busca concienciar sobre a importancia de conservar e protexer os lugares, monumentos, tradicións e espazos naturais que teñen un valor especial para a humanidade, para que tamén poidan ser desfrutados polas futuras xeracións. O patrimonio é a nosa historia, a nosa identidade e unha riqueza que debemos coidar entre todos.
Con este motivo, a Coordinación Erasmus+ da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia organiza unha conferencia na que os docentes da Escola Clara Alonso López e Álvaro Arizaga Castro compartirán a súa recente participación nunha mobilidade Erasmus+ en Etiopía.
“Erasmus en primeira persoa na Ethiopian Heritage Authority. Encontro para compartir, descubrir e inspirar a través das experiencias de mobilidade Erasmus+”
Relatorio de Clara Alonso López e Álvaro Arizaga Castro
- Lugar: Aula Magna da ESCRBBCCG
- Día: 16 de novembro
- Hora: 10:30
O alumnado de 4º curso participará neste evento levando petiscos durante o faladoiro.

Deixa un comentario