Na Escola

Home / Estudos / Prácticas / Na Escola

Prácticas na Escola

A Escola de Conservación de Galicia, como parte do seu proxecto educativo, desenvolve numerosas actuacións de conservación e restauración sobre bens culturais.

Estes traballos son levados a cabo sobre obra real cedida por institucións públicas (museos, igrexa, etc.), tendo a súa execución carácter gratuíto. As pezas son documentadas, analizadas, diagnosticadas e tratadas con estritos criterios profesionais que quedan reflectidos nos informes de tratamento entregados ao concluír a intervención.

Os tratamentos son realizados nos diversos talleres de conservación restauración existentes na ESCRBCG