San Bieito
San Bieito
San Bieito
San Bieito
San Bieito
San Bieito
San Bieito
San Bieito
San Bieito
San Bieito

San Bieito

Talla policromada de San Bieito, procedente de Santa María de Oia. Intervención realizada a través da colaboración de ÁCAMO, Asociación de Amigos do Mosteiro de Oia.

A talla chegou á Escola en 2013 xunto con outra dun orante. A profesora responsable do proxecto, Rosa Fernández Caamaño, e os estudantes da especialidade de escultura recolleron as pezas da igreza e preparáronas para o traslado.

Unha vez na Escola, varias promocións participaron no estudo, diagnose e tratamento de cada unha das pezas.

A talla viña acompañada dun báculo non orixinal. Esto sábese porque o diámetro do bastón é superior ao do espazo da man que debería portalo. Para completar a figura sen crear ningún elemento novo, e coa pretensión engadida de aumentar a formación do alumnado, fíxose un escaneado 3D do báculo orixinal e realizouse outro igual, a menor escala, cunha impresora 3D.

 

Deixa un comentario

O teu email non vai ser publicado