Representación de San Alfonso procedente da Igrexa de San Bartolomé (Pontevedra).
Óleo sobre lenzo.
Representación de San Alfonso procedente da Igrexa de San Bartolomé (Pontevedra).
Óleo sobre lenzo.
Representación da Inmaculada Concepción da Virxe procedente do Seminario Maior de Santiago de Compostela.
Óleo sobre lenzo
Óleo sobre lenzo propiedade das Clarisas de Monforte que representa a flaxelación de Cristo.
Óleo sobre lenzo que representa a Coroación da Virxe. Procede da Deputación de Ourense.
Retrato de Alfonso XIII pertencente á Deputación de Ourense.
Óleo sobre tea.
Dende a disciplina Práctica da conservación activa dos bens pictóricos I os estudantes realizaron a intervención de dúas pinturas sobre tea cosidas a estandartes. Estas pezas proceden das parroquias de Baíña, Baredo e Belesar e amosaban os danos propios uso e a almacenaxe. Ademáis da intervención de restauración, realizáronse uns soportes ríxidos removibles para que as obras poidan exhibirse e almacenarse sen risco para a súa conservación.
Intervención en pintura sobre tea procedente das Clarisas de Monforte. Traballos realizados por estudantes de 3º de conservación e restauración de bens pictóricos.
Ortofoto HD xerada a partir do modelo fotogramétrico dun proxecto de pintura mural.
Óleo sobre tea onde aparece a figura semiespida dun San Xerónimo penitente no deserto cos seus característicos atributos, como a caveira, a pedra e a tea que cobre súa nudez. Procede do Mosteiro de Vilanova de Lourenzá, Lugo. Tratamentos: limpeza superficial; desmontaxe do bastidor; reforzo de bordos; novo bastidor (tratado); fixación; limpeza de verniz; estucado; reintegración; vernizado; tratamento do marco.
Óleo sobre táboa de castiñeiro, rematada en arco de medio punto, que representa a San Bieito de Nursia. Procede de San Martiño Pinario.Tratamentos realizados: empapelado de protección; desinsectación; limpeza; consolidación; fixación; estucado; reintegración matérica e cromática; vernizado; montaxe no marco.