Réplica do tímpano de Palmou
Réplica do tímpano de Palmou
Réplica do tímpano de Palmou

Réplica do tímpano de Palmou

En xullo de 2015 o Xefe de departamento de Tecnoloxía e procedementos de bens culturais, acompañado de estudantes da Escola, realizou un molde do tímpano de Palmou nas instalacións do Museo de Pontevedra. A través deste molde realizáronse dúas réplicas: unha delas foi feita en escaiola para facilitar á Escola de Canteiros a posibilidade de realizar un novo tímpano de pedra a través dunha máquina de puntos. A outra réplica, realizada con morteiro, entregouse ao Museo Tiflológico da ONCE en Madrid. O proceso realizado foi compartido nos IV Encontros de conservación e restauración que a Escola organiza co Museo de Pontevedra.

Ambas réplicas e o molde foron as pezas centrais da exposición Orixinal ou copia, organizada pola Escola coa colaboración do Museo de Pontevedra e a Deputación de Pontevedra,  que pretendía amosar o proceso de fabricación de réplicas e a súa función no ámbito do patrimonio cultural.

Deixa un comentario

Your email address will not be published.