Resultado das probas de acceso ao curso 2021-22

Resultado das probas de acceso ao curso 2021-22

Trala realización das probas específicas de acceso aos estudos de Conservación e Restauración de Bens Culturais o pasado martes, 6 de xullo, publícanse os resultados provisionais das ditas probas.

Os/as aspirantes poderán reclamar contra a cualificación obtida, segundo o establecido na resolución publicada no DOG, durante os días 12 e 13 de xullo.

A listaxe definitiva de persoas admitidas publicarase o 16 de xullo e abrirase o periodo de matrícula entre o 19 e o 22 de xullo.