Este mércores día 29 de xaneiro, con motivo do Día Internacional das e dos Profesionais da Conservación-Restauración, teremos unha nova xornada de difusión: a Escola abre as súas portas a calquera persoa interesada en coñecer as nosas instalacións e os bens culturais cos que traballamos.
Premio TFE en galego (curso 2024/25)
Arqueoloxía
Nos cursos de especialización, terceiro e cuarto, abórdanse metodoloxías específicas para o estudo e tratamento de conservación e restauración de bens arqueolóxicos de moi diversa constitución: cerámica, vidro, materiais pétreos, metais e materiais orgánicos.
Escultura
Nos cursos de especialización, terceiro e cuarto, abórdanse metodoloxías específicas para o estudo e tratamento de conservación e restauración de obras escultóricas realizadas en diferentes materiais: madeira policromada, pedra e outros materiais orgánicos e inorgánicos.
Pintura
Nos cursos de especialización, terceiro e cuarto, abórdanse metodoloxías específicas para o estudo e tratamento de conservación e restauración de obras pictóricas sobre diferentes soportes: tea, táboa, pintura mural e arte contemporánea.
Un percorrido pola nosa escola
Neste video mostrámoste a escola, os obxetivos académicos e as testemuñas de varios dos nosos alumnos para que coñezas mellor o noso espazo académico.
Novas
A biblioteca do IPCE visita a biblioteca da ESCRBCG
Recentemente levouse a cabo a primeira das sesións docentes do plan de formación do profesorado deste curso, especificamente adicado á biblioteca. O mércores día 15 de xaneiro puidemos contar coa presenza dunha entusiasmada bibliotecaria namorada do seu traballo, Paula Sánchez, xefa de sección da biblioteca do Instituto do Patrimonio Cultural de España, máximo referente no ámbito da conservación e restauración do patrimonio cultural.
Boletín nº30
Compartimos o boletín nº30, que resume as novas da escuela sucedidas nos meses de novembro e decembro, ata as vacacións de nadal do ano 2024.
As nosas novidades no teu correo
Subscrición
Recibe novas por email de eventos, exposicións e moito máis