Día Internacional do Patrimonio Mundial-Portas abertas
Con motivo do Día Internacional do Patrimonio Mundial a Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia celebrará, o luns 17 de novembro ás 12h, unha xornada de portas abertas.
Será unha oportunidade para coñecer os talleres, o traballo do noso alumnado e profesorado, e descubrir de preto como se coida e se conserva o noso patrimonio cultural.
As persoas interesadas poden inscribirse escribindo un correo a escola.conservacion.galicia@edu.xunta.gal co asunto “Xornada portas abertas” ou chamando ao teléfono 886 159 735 para máis información.
