Xornada do patrimonio cultural albanés
O 11 de abril celebraremos a “Xornada do Patrimonio Cultural Albanés“, na que unha ampla delegación de profesores e persoal de institucións albanesas compartirán interesante información do patrimonio do seu país como situación, proxectos ou intervencións concretas.
A Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia recibiu o ano pasado financiamento para un proxecto Erasmus+ KA107 con Albania.
As institucións albanesas participantes son a Universidade das Artes de Tirana, o Instituto Albanés de Arqueoloxía, a Dirección Rexional de Patrimonio Cultural de Vlorë, a Galería Nacional de Artes de Tirana e o Instituto de Monumentos do Ministerio de Cultura.
Nesta xornada profesionais de diversos ámbitos das dúas institucións compartirán a súa visión e experiencias vinculadas á protección do patrimonio cultural albanés.
A entrada é libre ata completar o aforo.
Consulta o programa aquí.