Xornada de portas abertas
Este mércores día 29 de xaneiro, con motivo do Día Internacional das e dos Profesionais da Conservación-Restauración, teremos unha nova xornada de difusión: a Escola abre as súas portas a calquera persoa interesada en coñecer as nosas instalacións e os bens culturais cos que traballamos.
Para desfrutar desta visita guiada non é precisa inscrición previa, soamente aparecer na porta de entrada ás 12:00 horas. Animádevos!