Xeografías lectoras
A Biblioteca da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia únese á celebración do 30 aniversario do centro.
A Escola ten unha biblioteca con recursos de notable interese para o estudo e investigación da conservación do patrimonio cultural.
A través do lema “Xeografías lectoras” vinculado ó Ciclo de conferencias ‘O Camiño restaurado’, preténdese aumentar a difusión sobre os fondos dispoñibles na biblioteca do noso centro.
A primeira conferencia, compartida por Alicia Ancho, tratará sobre a intervención realizada á talla de San Xurxo da parroquia de San Miguel de Estella (Navarra).
Compartimos algúns libros dispoñibles na Escola sobre técnicas e materiais para a creación de escultura sobre madeira, sobre estudo e tratamento de alteracións en madeira e policromía, e un tratado de iconografía dos santos.
- La talla
- Guia iconografica de la Biblia y los santos
- Conservación y restauración de encarnaciones polícromas
- Il restauro del legno
Dende esta coordinación proporanse lecturas complementarias ás conferencias programadas no Ciclo “O camiño restaurado”.
Para a consulta en liña dos fondos pódese acceder dende esta ligazón.