Xeografías lectoras. Lugo

Xeografías lectoras. Lugo

En xuño terá lugar unha nova conferencia do Ciclo ‘O Camiño restaurado’.

Nesta ocasión, Rosa Benavides compartirá a súa experiencia na musealización de xacementos arqueolóxicos na cidade de Lugo, con un relatorio titulado ‘Xacementos visitables: Canado a mínima intervención non é unha intervención mínima’.

Novamente, a coordinación da biblioteca comparte unhas recomendacións de lectura complementaria que poden atoparse nos fondos da biblioteca.

Pode recollerse unha nocion xeral sobre o patrimonio lucense con Historia de Lugo, Lugo y su provincia ou a través da serie Visión histórica de Lugo e o seu entorno a través da arte.

Sobre o traballo arqueolóxico levado a cabo nesta cidade nos últimos anos pode consultarse Arqueoloxía 1990-2005.

Os mosaicos son un dos elementos máis destacados destes xacementos. Sobre a súa creación a biblioteca pon a disposición dos usuarios Mosaics ou El mosaico.

Sobre a súa conservación, existen interesantes publicacións como Fifth Conference of the International Committee for the Conservation of Mosaics – International Symposium on the Conservation of Mosaics, Mosaici medievali a Roma attraverso il restauro dell’ICR 1991-2004 ou a máis recente publicación da Getty The conservation and presentation of mosaics: at what cost?.