Xeografías lectoras. Burgos

Xeografías lectoras. Burgos

A coordinación da biblioteca continúa o apoio ó Ciclo de conferencias ‘O camiño restaurado’ a través das Xeografías lectoras.

A segunda conferencia sitúanos en Burgos, e trata a intervención realizada ó trasaltar pétreo da Catedral.

Como complemento a esta charla suxerimos a lectura de diversos recursos existentes no centro relacionados coa conferencia dende distintos puntos de vista.

Por exemplo, recomendamos La piedra en Castilla y León, para coñecer os principais materiais constructivos de carácter pétreo que se poden atopar no patrimonio cultural desta comunidade. En Escultura en piedra de Ed. Parramón poderanse coñecer as principais técnicas escultóricas vinculadas ó traballo en pedra.

Xa no campo das técnicas científicas aplicadas á conservación restauración, recomendamos Identificación y caracterización de materiales pétreos en patrimonio histórico-artístico.

Para os profesionais da conservación restauración será tamén de interese a lectura de La tecnología láser y otros métodos de limpieza y restauración de materiales pétreos.

Para a consulta en liña destes e outros fondos da biblioteca pódese acceder dende esta ligazón.