Visita da RUFA de Cambodia
Esta semana recibimos a visita de profesorado da Royal University of Fine Arts (RUFA).
Os profesores de Cambodia veñen visitarnos polo proxecto Erasmus+ que comezou no ano 2019 coa Royal University of Fine Arts (RUFA) de Phom Penh, que é a universidade máis antiga de Cambodia. A este centro engadíronse posteriormente o Museo Nacional de Cambodia e a Apsara National Authority (ente encargado da salvagarda de Angkor), ambas institucións dependentes do Ministerio de Cultura.
A comitiva está formada por Dr. Sophady Heng, rector da Universidade, Sra. Ratana Young, decana da facultade de arqueoloxía. Sr. Da Ya, xefe do secretariado, Sr. Socheat Nhean, director de asuntos académicos, Sr. Chhoeun Mon, directctor financeiro, Sra. Manico Sambo, xefa de administración.
O venres 16 de decembro compartirán unha conferencia na Aula Magna, ás 12h, na que falarán sobre a súa universidade e a xestión do patrimonio e a conservación do mesmo en Cambodia, ademáis de compartir información concreta sobre a cova prehistórica de Laang Spean, o xacemento arqueolóxico máis antigo do país.
Esta é a segunda vez que recibimos visita desta universidade.