Visita á Escola dos socios de Albania do proxecto REACH

Visita á Escola dos socios de Albania do proxecto REACH

A vindeira semana 15 profesionais das institucións albanesas vinculadas ó proxecto REACH ó que pertence a Escola visitarán o noso centro.

A Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia forma parte dun proxecto Capacity Building denominado REACH – Innovating Cultural Heritage
(Improving REsearch capacities of Albanian higher educations in conservation and restoration of Cultural Heritage).

Este proxecto, creado a través de Erasmus+, está integrado por nove socios participantes: aparte da nosa propia Escola, hai cinco institucións socias albanesas e tres italianas.

Universiteti I Arteve (University of Arts – UART) Tirana, Albania

Universiteti Politeknik I Tirane (Polytechnic University of Tirana – UPT) Tirana, Albania

University of Shkodra Luigj Gurakuqi Shkodra, Albania

Akademia e Studimeve Albanologike Tirana, Albania

Ministria e Arsmit Sportit dhe Rinisê (The Ministry of Education Sport and Youth of Albania) Tirana, Albania

University of Bologna – UNIBO Boloña, Italia

University of Urbino Carlo Bo – UNIURB Urbino, Italia

The Center for Innovation of Fondazione Flaminia – CIFLA Rávena, Italia

Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia (ESCRBBCCG)
Pontevedra, España

O obxectivo global do proxecto é, moi resumidamente, iniciar ás institucións albanesas na disciplina da conservación e restauración do patrimonio cultural, creando laboratorios, formando profesionais, desenvolvendo a investigación neste ámbito e crear as condicións que permitan tamén, no futuro, o desenvolvemento da conservación e restauración no ámbito académico de estudos superiores. Na actualidade, a conservación e restauración de bens culturais é unha disciplina moi subdesenvolvida neste país, co engadido de que o patrimonio cultural a conservar é extraordinario.

A participación da nosa Escola refírese especialmente á coordinación xenérica, ó control de calidade do proxecto e ó ámbito da formación dos profesionais, en concreto no ámbito da conservación da especialidade de arqueoloxía.

Máis información na web do proxecto.

O programa de traballo que se desenvolverá a próxima semana é o seguinte:

Martes, 2 de maio – Pontevedra

    ◦ 12.00 - 15.00: Benvida na Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia. 

    ◦ 17.00 – 18.30: Charla. O proxecto REACH até agora: como crear Estudos e investigación en Conservación-Restauración (Álvaro Arizaga / P. Porral).
    ◦ 18.30 – 20.00: Visita: Conservación no patrimonio da cidade de Pontevedra e o seu museo / Ruínas de Santo Domingo.

Mércores, 3 de maio. Visita a Santiago de Compostela

Xoves, 4 de maio  - Pontevedra
 9.00 15.00 Conferencias.    
◦ Presentación:    
◦ 9.30 – 10.30 Conservación e restauración de material pétreo. Cristina Montojo.    
◦ 10.30 – 11.30 - Teoría da Conservación:  criterios e aproximación práctica a proxectos – Pablo Porral    
◦ 12.00 – 13.00 - Resumo sobre as nosas experiencias de conservación en Albania -  Álvaro Arizaga    
◦ 13.00 14.00 - Discusión e propostas sobre o futuro de proxecto de REACH e conservación de patrimonio en Albania.    
◦ Últimas palabras e conclusión.