VIII Encontros de Conservación e Restauración
Os días 14, 15 e 16 de novembro vai ter lugar no Sexto Edificio a octava edición do Encontro de Conservación e Restauración, organizada polo Museo de Pontevedra e a Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia. O conxunto patrimonial no que se vai centrar este ano 2018 é a Arte rupestre.
Nesta ocasión un grupo de expertos abordarán temas moi amplos relacionados con este patrimonio dende a descripción das súas características ós métodos de estudo e conservación, con magníficos exemplos dalgunhas solucións de protección.
PROGRAMA
Mércores 14
9:30h Inauguración
10:00h “Arte rupestre ibérica” Rodrigo de Balbín e Primitiva Bueno Universidad de Alcalá
11:30h Descanso
12:00h “Reflexións sobre a conservación da Arte rupestre galega: unha perspectiva empírica de máis de medio século” Antonio de la Peña Santos Museo de Pontevedra
13:30h Coloquio
16:30h “Liñas estratéxicas de protección para a Arte rupestre” Fernando Carrera Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia
18:00h “A documentación gráfica de bens culturais: unha aproximación crítica” José M. Pereira Especialista en imaxe dixital
20:00h – 21:30h Visita salas Museo – Sexto Edificio
Xoves 15
9:30h “Caracterización e conservación da Arte rupestre” Marcos García Diez Universidade Isabel I
11:00h Descanso
11:30h “A acción cidadá: experiencia dende as asociacións de protección do patrimonio cultural” Antón Bouzas Sierra Colectivo a Rula
13:00h Coloquio
16:30h “A conservación preventiva na Arte rupestre levantina” Inés Domingo Sanz Universidade de Barcelona
18:00h “Conservación de pinturas rupestres: Tratamentos conservativos; consolidación, adhesión e limpeza. Intervencións realizadas en pinturas rupestres.” Laura Ballester Universidade Politécnica de Valencia.
20:00h – 21:30h Visita salas Museo – Sexto Edificio
Venres 16
9:30h “Os problemas de conservación da Cova de Altamira e a investigación aplicada para a súa conservación” Alfredo Prada Museo Nacional e Centro de Investigación de Altamira
11:00h Descanso
11:30h “Siega verde, Arte rupestre ó aire libre: do plan de conservación ó plan de xestión de riscos e emerxencias” Cristina Escudero Remirez Unidade de Xestión de Riscos e Emerxencias en Patrimonio Cultural de Castilla y León
13:00h Coloquio
13:30h Clausura
A inscripción pode facerse ata o día 9.
Información: secretaria.museo@depo.es; teléfono 986 804 100, ext. 42436.