Proxecto Erasmus+ KA107 2018-19

Proxecto Erasmus+ KA107 2018-19

A Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia recibiu o ano pasado financiamento para un proxecto Erasmus+ KA107 con Albania.

Como parte deste proxecto o 20 de xuño desprazáronse a Berat 4 estudantes e 3 profesores da Escola, co fin de participar na intervención das pinturas murais da Igrexa de San Constantino e Santa Helena.

Outros obxectivos deste proxecto Erasmus para este curso son a diagnose e intervención nas pinturas prehistóricas do abrigo de Lepenicë, a excavación e restauración na necrópole de Amantia, a excavación e restauración arqueolóxica do sitio arqueolóxico de Orikum e a intervención nas pinturas murais da igrexa do Castelo de Komani.

Todos estes obxectivos desenvolveranse en diversas fases ó longo dos próximos meses.

Comeza así unha campaña de verán que, como outros proxectos organizados pola Escola, ten como finalidade coordinar aspectos docentes e de investigación.

Estas campañas pretenden axudar a completar a formación do alumnado, ó situalos en contextos reais, baixo a coordinación do profesorado.

As institucións albanesas participantes son a Universidade das Artes de Tirana, o Instituto Albanés de Arqueoloxía, a Dirección Rexional de Patrimonio Cultural de Vlorë, a Galería Nacional de Artes de Tirana e o Instituto de Monumentos do Ministerio de Cultura.