ACCIÓN DE VOLUNTARIADO DE CONSERVACIÓN DO PATRIMONIO POLOS EFECTOS DA DINA EN VALENCIA
O obxectivo desta acción por parte da ESCRBBCCG é colaborar na recuperación do patrimonio persoal con valor histórico, artístico, documental o social que se viu afectado polo fenómeno da DINA acontecido o 29 de outubro do 2024.
O PROXECTO “SALVEM LES FOTOS”
Fórmase para salva-lo patrimonio fotográfico das familias afectadas pola DINA, creando unha serie de puntos de traballo / laboratorios nas zonas máis afectadas para a recuperación deste material fotográfico. Conforman o proxecto as cinco universidades de Valencia (Universitat de València, Universitat Politècnica de València, Universitat Jaume I de Castelló, Universitat d’Alacant e Universitat Miguel Hernández d’Elx), o L’ETNO (Diputació de València), o museo de l Horta Sud e o GE-IIC.
¿Como están a traballar os laboratorios?
Os labores prioritarios, urxentes para evitar o crecemento de fungos que poden facer que as fotografías sexan irrecuperables, son os seguintes:
- Recompilar o máximo número de exemplares.
- Filtrar o que é potencialmente salvable.
- Lavar as obras evitando que o barro seque nelas.
- Secar.
Os obxectivos para o alumnado:
– Aprender sobre a xestión de patrimonio nunha catástrofe ou nunha situación de emerxencia.
– Realizar prácticas de conservación preventiva / activa nun ámbito real de urxencia e de catástrofe natural.
– Integrar una metodoloxía rigorosa de control e organización do material evitando o caos documental.
– Ampliar coñecementos sobre a conservación noutros ámbitos que non se manexan na escola (patrimonio / material fotográfico).
– Vivir unha experiencia de convivencia e desenvolvemento profesional / laboral e persoal.
– Promover a solidariedade entre o alumnado, así como un compromiso social, tanto a nivel persoal como profesional.




Deixa un comentario