Pedras e árbores

Pedras e árbores

Pedras e árbores é a creación artística realizada por Agustín Ibarrola no Ecospazo O Rexo, en Requeixo de Valverde, parroquia pertencente ó Concello de Allariz.

Aquí, o artista vasco realizou en 1999 unha obra de extraordiaria beleza, ubicada en plena natureza. O conxunto está formado por unha serie de rochas traídas de canteiras, colocadas en liña á beira do Arnoia e, finalmente, pintadas. Ibarrola escolleu algunhas das árbores de ribeira próximas que foron tamén pintadas e engadidas así a esta extraordinaria exposición permanente, ubicada en plena natureza.

En 2020 o Concello de Allariz contactou coa Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia na procura de axuda para a conservación de patrimonio cultural custoriado polo Concello, o que deu lugar a un convenio de colaboración.

Froito desta cooperación, e xa en relación estrita coa obra de Ibarrola, unha das consecuencias foi a realización dun Traballo de Fin de Estudos para analizar o estado de todo o conxunto.

Para o estudo pormenorizado dos elementos que forman parte desta obra deseñouse unha campaña de documentación e análise do estado de conservación de cada unha das pezas. En xullo de 2021, 9 estudantes e 4 profesores do centro levan a cabo este traballo, paso previo ineludible que permitirá tomar as decisións máis oportunas para a protección do conxunto.

Deixa un comentario

O teu email non vai ser publicado