PLAMBE 2021-22
A Escola foi seleccionada un curso máis para participar no Plan de Mellora de Bibliotecas organizado pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.
A coordinación da biblioteca traballa dende hai varios cursos nun intenso plan de melloras que pasa pola ampliación do espazo de lectura, a creación dunha zona informal de lectura, a dotación da sala de alumnos, a ampliación de horarios de apertura e unha intensa adquisición de fondos.
Este curso proseguiremos coa catalogación da doazón feita polos herdeiros de D. Manuel Carballal Lugrís, a adquisición de novo mobiliario e a reestruturación de espazos para o seu maior aproveitamento.