PLAMBE 2019-20

PLAMBE 2019-20

A Escola foi seleccionada un curso máis para participar no Plan de Mellora de Bibliotecas organizado pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

A coordinación da biblioteca traballa dende hai varios cursos nun intenso plan de melloras que pasa pola ampliación do espazo de lectura, a creación dunha zona informal de lectura, a dotación da sala de alumnos, a ampliación de horarios de apertura e unha intensa adquisición de fondos.

Este curso comezamos coa instalación de novo mobiliario para as enciclopedias no espazo de lectura e traballo. Deste xeito conseguimos liberar espacio no interior da biblioteca, onde seguimos introducindo novidades.