Project Category: Escultura

Home / Escultura
Cristo de marfil

Cristo de marfil

Talla dun Cristo feito en marfil de cachalote, posiblemente do século XVII, decorada con detalles en pan de ouro e cravos tamén de ouro. Pertence á parroquia de San Xosé das Gándaras, en Lugo.

Orante

Orante

Talla procedente do Mosteiro de Oia. Esta obra é unha representación relixiosa dun orante. Sabemos que estaba encostada a un retablo, de perfil, pola maneira na que está tallada xa que non se fixo o seu volume completo. A obra consta de sete pezas en total, suxeitas mediante espigas e cravos de forxa. Chega á...

Virxe da Pastora

Virxe da Pastora

Virxe da Capela da Pastora, en Cambados. Talla en madeira policromada e dourada, feita en varias pezas. Intervención: desinsección por anoxia; empapelado; sentado de cor; consolidación; reintegración formal; enchuletado; limpeza; reintegración cromática; protección final.

Tímpano bifaz

Tímpano bifaz

Tímpano labrado en granito, polas dúas caras. No reverso aparece a Virxe co Neno no regazo e catro anxos. No anverso Cristo crucificado,San Francisco e San Xoán. Procede das Ruínas de San Domingos de Pontevedra.  

Cruceiro de Valga

Cruceiro de Valga

Cruceiro de Gandra (Valga) afectado por un acto vandálico. Reportaxe da chegada do cruceiro á Escola na Voz de Galicia  

Torso

Torso

Torso de granito, posiblemente dun santo, procedente do Museo Arqueolóxico e Histórico da Coruña. Tratamentos realizados: limpeza mecánica; limpeza química; desalgado; eliminación de axentes biolóxicos; consolidación; hidrofugación; estructura de soporte.