Project Category: Arqueoloxía

Home / Arqueoloxía
Material Cova Eirós

Material Cova Eirós

En febreiro de 2018 chegou á Escola material procedente de escavacións arqueolóxicas levadas a cabo en Cova Eirós (Triacastela-Lugo) en diferentes campañas entre os anos 2009 e o 2018. Era, sobre todo, material óseo do Paleolítico, algo de material lítico e unha punta de frecha de ferro. As pezas foron entregadas polo Grupo de Estudos...

Chave romana

Chave romana

Chave romana. Realizada en ferro, ten sección cadrada en todo o corpo. Presenta dúas torsións en forma de L. Deseñada para pechaduras de tipo elevación-escorredura. Principais tratamentos realizados: Limpeza mecánica con bisturí, limpeza mecánica con ultrasons, consolidación, adhesión, reintegración matérica, reintegración cromática, inhibición. Procede do Depósito Municipal Arqueolóxico de Lugo.

Colgante de arnés

Colgante de arnés

Colgante de arnés de bronce, con forma de corazón e decoración formada por un círculo realizado con pequenas incisións. Procede do Depósito Municipal Arqueolóxico de Lugo. Principais tratamentos realizados: Análises, consolidación, limpeza mecánica, protección, reintegración volumétrica e cromática

  • 1
  • 2