Novo depósito na biblioteca
O día de onte formalizouse un depósito bibliográfico na Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia.
Trátase dunha selección de preto de 800 libros que pasan a formar parte da biblioteca do centro. Realiza o depósito D. Angel Arcay Barral, como director da Biblioteca, Arquivo e Museo das Mariñas do Concello de Betanzos. O conxunto de libros procede da colección persoal de D. Juan María García Otero, betanceiro e promotor da revista ‘Restauro’. Non temos palabras para agradecer a incorporación deste importante conxunto á Biblioteca da Escola, xa mellorada enormemente con outra recente doazón.
A biblioteca, de carácter público, está especializada na conservación do patrimonio cultural e está aberta a todo tipo de usuarios interesados na conservación-restauración e no patrimonio cultural en xeral.