Ciencia en galego

Novembro, Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas

En novembro celebramos o mes da ciencia en galego tamén na biblioteca da Escola.

Por este motivo queremos destacar algúns recursos do catálogo da Escola con esta temática, escritos en galego, que agardamos sexan do voso interese.

Guía de arqueobotánica

O patrimonio histórico-científico do Instituto Xelmírez I (Santiago de Compostela)

Manual de laboratorio de química xeral e agrícola

Xenon. Física e química

Memoria de intervención sobre catro pezas de vidro depositadas no Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense. Metodoloxía e valoración da aplicación de métodos de impresión 3D para reconstrución volumétrica de vidros arqueolóxicos.

Memoria final de intervención de ponte romana e petos de ánimas para o concello de As Neves, Pontevedra

Protocolo de embalaxe para pezas arqueolóxicas. Estudo e recomendacións de métodos e materiais

Se tes algunha proposta de adquisición de libro, con esta temática e escrito en galego, que poida ser de interese para completar os fondos da nosa biblioteca, por favor escribe a biblioteca@escolaconservacion.gal