Información probas de acceso 2026-27
Os/as aspirantes comparecerán o día 17 de xuño ás 9:00 horas
para a súa presentación na Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia, rúa Xeneral Martitegui s/n en Pontevedra, provistos do seu DNI/NIE ou pasaporte a fin de comezar os correspondentes exercicios, que se desenvolverán do seguinte xeito:
| HORARIO DAS PROBAS DE ACCESO | |
| 1º EXERCICIO: ANÁLISE DE TEXTO | 9:15 – 10:15 / Aula 3.13 |
| 2º EXERCICIO: APTITUDE PLÁSTICA- 3 partes: | |
| 1ª PARTE: EXERCICIO DE COR | 10:20-11:20 / Aula 3.13 |
| 2ª PARTE: EXERCICIO DE APTITUDE ESPECÍFICA | 11:25-12:25 / Aula 3.13 |
| Descanso | 12:25-13:00 |
| 3º PARTE: EXERCICIO DE DEBUXO | 13:00-15:00 / Aula 2.9 |
Para a realización do segundo exercicio os/as aspirantes deberán traer o seguinte material:
Proba de aptitude específica: Cúter estreito con seguro.
Proba de debuxo:
- Papel Ingres de 70 x 50 cm.
-
Material de debuxo: carboncillos, lapis de carbón.
-
Material opcional para difuminar: difumino, trapo, esponxa.
-
Material opcional para afiar: cúter, lixa.
-
Material opcional para borrar: goma.
