Información COVID-19

Home / Información COVID-19

Información COVID-19

No actual contexto sanitario, é preciso cumprir algunhas normas como medida preventiva para impedir a extensión do COVID19.

Por este motivo, a Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia elaborou un PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID 19 NO CURSO 2020-2021, que compre coñecer.

Lembra

Antes de acudir ó centro deberás realizar unha auto enquisa diaria para detectar síntomas compatibles cunha infección por SARS-CoV-2. En caso de presentar algún destes síntomas, non poderás acudir á Escola e deberás contactar co teu Centro de Saúde.
É obrigado o emprego de máscaras para entrar no centro. Tamén hai que realizar unha hixiene frecuente de mans e respectar a distancia mínima interpersoal de seguridade (1,5 m).
No centro, segue as indicacións dos carteis e sinais instalados.