Erasmus Days 2021-22
A semana que entra comezan os Erasmus Days
e dende a Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia temos varias charlas preparadas para dar a coñecer o programa #Erasmus+ da Escola e a experiencia dalgúns estudantes.
Charla 1. Entre reactivos químicos e peixes en formol: a miña experiencia Erasmus+ no Museo Nacional de Historia Natural e da Ciencia- ULISBOA.
- Relatora: Sara Limens
- Data: 14 de outubro
- 16.30h
- Aula Magna
- + info AQUÍ.
Charla 2. O proxecto Erasmus+ da ESCRBCG para o curso 2021-2022. Primeiro encontro con todo o alumnado.
- Relatores: Coordinación Erasmus+ do centro (Antón Pereira, Pablo Porral e Álvaro Arizaga)
- Data: 14 de outubro
- 16.45h
- Aula Magna.
- + info AQUÍ.
Charla 3. O proxecto Erasmus+ da ESCRBCG para o curso 2021-2022. Encontro reservado ó alumnado preferente para as mobilidades.
- Relatores: Coordinación Erasmus+ do centro (Antón Pereira, Pablo Porral e Álvaro Arizaga)
- Data: 15 de outubro
- 11.30h
- Aula 3.13
- + info AQUÍ.