Día dos profesionais da conservación restauración de bens culturais

Día dos profesionais da conservación restauración de bens culturais

O 27 de xaneiro celebramos o Día dos profesionais da Conservación Restauración.

No XVII Congreso Internacional de Conservación e Restauración de Bens Culturais celebrado en Granada en 2011 un dos temas tratados foi a instauración dun día para os profesionais da conservación restauración.

O día elixido foi o 27 de xaneiro, en honra á data de nacemento de Viollet-le-Duc (París, 27 de xaneiro de 1814-Lausana, 17 de setembro de 1879), escritor e arquitecto que adicou a maior parte da súa actividade profesional ao patrimonio.

Dende 2017 a Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais, en coordinación con ACRE Asociación de Conservadores Restauradores de España, celebra este día cun intenso programa de difusión en redes sociais no que se destacan distintos aspectos da profesión. Animamos a todos os profesionais e estudantes a participar neste evento, axudando así a que se coñeza mellor esta imprescindible profesión.