Día do Patrimonio Mundial
O 16 de novembro celébrase o Día Internacional do Patrimonio Mundial
para conmemorar a sinatura en París, no ano 1972, da Convención sobre Patrimonio Mundial Cultural e Natural, que sentaba as bases para desenvolver este tipo de protección.
Para celebrar esta data a Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia organiza unha xornada de portas abertas o 16 de novembro ás 12h.
Realizarase unha visita polos laboratorios de conservación e restauración das distintas especialidades (arqueoloxía, escultura e pintura), para que os visitantes coñezan como se forman e traballan os profesionais da conservación restauración de bens culturais.
*Cómpre inscrición previa, escribindo ó correo escola.conservacion.galicia@edu.xunta.gal ou por teléfono ó 886 15 97 35.