Día do Patrimonio Mundial

Día do Patrimonio Mundial

O 16 de novembro celébrase o Día Internacional do Patrimonio Mundial

para conmemorar a sinatura en París, no ano 1972, da Convención sobre Patrimonio Mundial Cultural e Natural, que sentaba as bases para desenvolver este tipo de protección cultural.

Para celebrar esta data a Escola organiza unha serie de actividades adicadas á difusión da conservación do patrimonio, enfocadas a distintos públicos e intereses.

12h. Xornada de portas abertas. Visita ós laboratorios de conservación restauración das distintas especialidades, onde os visitantes poderán ver como se forman os futuros profesionais traballando sobre obra real. A visita comezará ás 12h. É preciso reserva de praza chamando ó 886159735 ou mediante correo a escola.conservacion.galicia@edu.xunta.gal.

Conferencias de tarde:

16:00 Aldara Rico Rey. O labor do conservador, do campo ó museo: comparativas baixo a miña experiencia profesional.

16:30. Patricia Trigo Vázquez. Estudo de consolidación de pintura ó temple sobre táboa. Catro adhesivos a proba.

17:00. Iria Cabrera Ferreira. A Asunción en granito de Vigo: estudo de restos polícromos e intervención.

17:30. Gumersindo Mosteiro Díaz e José Manuel Rey Aguiño. Intervención no sartego de Xoán Mariño de Sotomaior en Sobrán.

As charlas presenciais terán lugar na Aula Magna da Escola. Rúa Maestranza s/n