Día do libro

Día do libro

Para conmemorar o Día do Libro

a nosa Escola presenta este ano dúas propostas moi especiais.

En primeiro lugar, cada día publicaremos nas redes sociais a recomendación dun libro distinto, todos eles escritos en galego e dispoñibles na nosa biblioteca para préstamo.

Esta iniciativa está organizada porla Coordinación da Biblioteca e polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega, co obxectivo de dar visibilidade á publicación en galego e animar a toda a comunidade educativa a descubrir novas lecturas.

Por outra banda, comunicamos a 1ª edición do concurso “Forma e Fala”, un certame para conmemorar a creatividade en galego.

Deixa un comentario

O teu email non vai ser publicado