Día das letras galegas
O 17 de maio celebramos o Día das letras galegas
adicado, nesta ocasión, a Luísa Villalta, autora escollida pola Real Academia Galega. O Portal da Lingua Galega comparte recursos de interese sobre esta autora, ós que se pode acceder dende aquí.
Luísa Villalta foi profesora de Lingua e Literatura galegas e unha referente na defensa e promoción da lingua. Para fomentar o emprego do galego dende o ámbito académico, a Escola Superior de Conservación e Restauración de bens Culturais de Galicia convoca este curso, por vez primeira, un premio ó mellor TFE en galego. As bases poden atoparse nesta ligazón e na plataforma Moodle, na sección adicada á coordinación do TFE.
Algúns dos últimos Traballos de fin de estudos en galego, dispoñibles na biblioteca, son:
- O conxunto de arte rupestre de As Tenxiñas (Pazos de Borbén). Estudo de conservación a través da documentación fotogramétrica da réplica de Sobrino Buhigas / Eva Olveira Ramos
- Proposta de intervención e proxecto de conservación preventiva da Imaxe de Nosa Sra da Valvanera. Mosteiro de Poio / Candela Castro González
- Proxecto de presentación das alteracións e algunhas técnicas de análise de patrimonio no campo dixital / Sheila Posada Mouriño
- Restauración de vidro arqueolóxico: testeo de produtos / Antía Trigo Charlín
- Memoria final de intervención de ponte romana e petos de ánimas para o concello de As Neves, Pontevedra / Noemí Penela García
- A conservación e musealización dos modelos preparatorios para o proxecto artístico de Agustín Ibarrola no espazo natural de O Rexo, en Allariz / Elena Rodríguez Moldes
- O labor do conservador, do campo ó museo: comparativas baixo a miña experiencia profesional / Aldara Rico Rey
Finalmente compartimos unha escolma dos últimos títulos en galego incorporados á biblioteca da Escola e xa dispoñibles para toda a comunidade académica, profesionais e investigadores:
- Manual de boas prácticas de rehabilitación : vivir nos edificios herdados : preguntas e respostas sobre a rehabilitación e a conservación dos edificios de construción tradicional.
- Vudú, o camiño negro de Santiago
- Os nove tesouros do Condado e A Paradanta
- O infinito nun xunco. A intervención dos libros no mundo antigo
- O patrimonio arqueolóxico subacuático e o comercio dos bens culturais. IV xornadas de protección do patrimonio cultural
- O teatro de Tui
- As mulleres de Insua e o liño: dez anos dun proxecto de recuperación etnográfica
- Desde o silencio: obra debuxada de Mario Granell
Autoría da fotografía que ilustra o artigo: Xurxo Lobato.
Click here to change this text