Día das letras galegas

Día das letras galegas

O pasado venres, con motivo das Letras Galegas e para celebrar o remate das clases lectivas,

o Equipo de Dinamización da Lingua Galega da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia organizou unha entrañable festa arredor dos tradicionais cantos de taberna.

Na entrada da Escola recreouse unha fermosa taberna típica galega, decorada con obxectos de toda a vida que nos trasladaron ás tabernas de antano, tan presentes na memoria colectiva do noso país.
Xunto á taberna puideron verse tamén as propostas presentadas ao I Certame Forma e Fala, así como unha pequena mostra de oleiría tradicional galega elaborada por Benigno Rey Sarmiento.

A xornada comezou coa declaración dos gañadores ó Certame:

Alejandro Macía — premio de creación artística
Fran Gutiérrez — premio de creación literaria
Charo Fernández — premio de creación audiovisual

A continuación, o grupo coral Portonovo Canta participou xenerosamente recreando os cantos de taberna cunha selección de cantigas en galego que encheron a Escola de música, tradición e alegría.

Ademais, grazas ao peto de esmolas creado por Fran, estudante de 2º curso, xuntáronse cartos para rematar a festa desfrutando de produtos típicos de Galicia.

Moitas grazas a todas as persoas que participaron e contribuíron a facer desta celebración unha homenaxe á nosa lingua e á nosa cultura.

Fotografías: Julieta Rodríguez Blanco

Deixa un comentario

O teu email non vai ser publicado