Convenio coa Fundaçao Ammaia
A Escola Superior de Conservación e Restauración asina un convenio coa Fundaçao Ammaia.
O obxectivo deste convenio é facilitar a realización de prácticas curriculares ó alumnado interesado en completar a súa formación traballando na cidade romana de Ammaia, onde é posible realizar todas as actividades propias da conservación restauración dende o xacemento, pasando polo laboratorio ate a musealización.
Localizada no Parque Natural da Serra de São Mamede, en São Salvador de Aramenha, a Fundaçao Ammaia ten como principal obxectivo conservar estes restos romanos, considerados o vestixio máis importante desta época nesta zona, e catalogados como Monumento Nacional en 1949.
Outra información sobre destinos internacionais de prácticas AQUÍ.
Deixa un comentario