Convenio co Concello de Allariz

Convenio co Concello de Allariz

O Concello de Allariz e a Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia asinan un convenio que ten como fin a cooperación para a conservación do patrimonio cultural.

Grazas a este acordo establécese unha primeira colaboración destinada á intervención de pezas do Museo Galego do Xoguete de Allariz.

O día de hoxe chegaron á Escola dous cabalos de xoguete, realizados con distintas técnicas, que xa están a ser avaliados para proceder á súa intervención polos estudantes de conservación restauración de bens escultóricos, na materia adicada a materiais non tradicionais.