Conferencia: O camiño restaurado. Triacastela
Continuamos o Ciclo de Conferencias ‘O Camiño restaurado’ cunha nova charla no mes de maio.
O percorrido polo Camiño de Santiago a través de intervencións realizadas ó patrimonio cultural lévanos nesta ocasión a Triacastela. Dolores Lago compartirá a súa experiencia nunha intervención de urxencia no muro norte da cabeceira da Igrexa de San Cristobo do Cancelo.
A asistencia é libre e poderá seguirse en liña.
Día: 11 de maio
Hora: 12:00
Máis información sobre esta conferencia AQUÍ.
Preme AQUÍ para ver esta conferencia na canle de Youtube da Escola.