Conferencia Estella

Conferencia: O camiño restaurado. Estella

Damos comezo ó Ciclo de conferencias organizado para celebrar o 30 aniversario da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia.

A primeira charla está a cargo de Alicia Ancho Villanueva, conservadora restauradora e xefa da Sección de Rexistro, Bens Mobles e Arqueoloxía de Navarra. Nesta conferencia compartirá a intervención realizada ó San Xurxo de Estella, unha talla do século XVI , despois de que fose tratada por afeccionados con graves consecuencias para a súa conservación.

Máis información sobre esta conferencia AQUÍ.

  • Día: 4 de febreiro
  • Hora: 12:00

Preme AQUÍ para ver a conferencia na canle de Youtube da Escola.

PROGRAMA COMPLETO