Conferencia de Barry Cunliffe

Conferencia de Barry Cunliffe

A Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia ten a honra de acoller unha conferencia de Sir Barry Cunliffe o vindeiro 18 de outubro.

Sir Barry Cunliffe é profesor emérito na Universidade de Oxford. É especialista en arqueoloxía europea, especialmente no primeiro milenio a.C. e principios do primeiro milenio d.C., e centra o seu interese na dinámica social e económica e as relacións entre o mundo mediterráneo e a Europa ‘bárbara’.

Compartirá con nós unha conferencia titulada “New perspectives about the Celts, the Atlantic and Iberia”.

Data: 18 de outubro de 2019

Lugar: Sala de Conferencias da ESCRBCG. Rúa da Maestranza s/n

Hora: 12h

Reserva de praza no 886159735 ou por correo a escola.conservacion.galicia@edu.xunta.es