Charla: Análise óptico e termográfico no campo do patrimonio cultural.
Froito das relacións promovidas pola coordinación Erasmus, o vindeiro 17 de xuño recibiremos na Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia a Stefano Sfarra, investigador da Universidade de L’Aquila.
Virá acompañado de Iván Garrido, investigador da Universidade de Vigo, con quen impartirá unha interesante conferencia sobre análise óptico e termográfico aplicado ó patrimonio cultural.
A sesión terá lugar na Sala de Exposicións da Escola. A entrada é libre ata completar o aforo.
Máis información aquí.