Cese da actividade lectiva ata novo aviso

Cese da actividade lectiva ata novo aviso

Seguindo as indicacións da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional en relación coa pandemia do Covid-19 suspéndese a actividade lectiva na Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais.

Os docentes manterán a comunicación co estudantado a través de vías telemáticas para continuar a actividade académica adaptándose na medida do posible ás novas circunstancias.

Publicaremos as novas indicacións que vaiamos recibindo a través da web e redes sociais da Escola.

As vías de contacto co centro continúan sendo as mesmas:

correo electrónico: escola.conservacion.galicia@edu.xunta.es

telf. 886 15 97 35