O vindeiro xoves 20 de decembro recibiremos a visita de Adela Vázquez Veiga e Noe Valtierra Pereiro,
Categoría: Xeral
Devolución de pezas restauradas ó Museo de Pontevedra
Os alumnos de restauración e conservación de bens escultóricos remataron os traballos sobre varias pezas que foron devoltas recentemente ó Museo de Pontevedra para que a sociedade, presente e futura, poida desfrutar novamente delas.
VIII Encontros de Conservación e Restauración
Os días 14, 15 e 16 de novembro vai ter lugar no Sexto Edificio a octava edición do Encontro de Conservación e Restauración, organizada polo Museo de Pontevedra e a Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia. O conxunto patrimonial no que se vai centrar este ano 2018 é a Arte rupestre.
Nesta ocasión un grupo de expertos abordarán temas moi amplos relacionados con este patrimonio dende a descripción das súas características ós métodos de estudo e conservación, con magníficos exemplos dalgunhas solucións de protección.
Reportaxe na Escola polo Día Europeo da Conservación Restauración
Carmen Lorenzo, directora da Escola Superior de Conservación e Restauración de BBCC de Galicia, fala do Día Europeo da Conservación Restauración #14ODíaCR co telexornal da TVG.
Podes ver a reportaxe premendo nesta ligazón.
Xornada de portas abertas polo Día europeo da Conservación e Restauración
Celebra con nós o Día Europeo da Conservación e Restauración cunha xornada de portas abertas que terá lugar o próximo 10 de outubro. Máis información na seguinte ligazón https://tramaproject.com/portfolio-item/escrbc-galicia-2/




