Categoría: Actividades

Home / Actividades
Proxecto Erasmus+ KA107 2018-19

Proxecto Erasmus+ KA107 2018-19

A Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia recibiu o ano pasado financiamento para un proxecto Erasmus+ KA107 con Albania.

Como parte deste proxecto o 20 de xuño desprazáronse a Berat 4 estudantes e 3 profesores da Escola, co fin de participar na intervención das pinturas murais da Igrexa de San Constantino e Santa Helena.

20 Xuño, 201920 Xuño, 2019
MuseumWeek

MuseumWeek

A Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia participa unha edición máis na Museum Week.

6 Maio, 20196 Maio, 2019
Boletín da Escola

Boletín da Escola

Estar ao día das actividades que se realizan na Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia é moi sinxelo: realiza a subscrición na nosa web e recibirás un boletín informativo bimensual no teu correo.

Preme aquí para coñecer os contidos do boletín de marzo-abril, co que estreamos esta nova vía de comunicación.
No final da páxina principal da web atoparás o espazo para subscribirte:

 

30 Abril, 201928 Xullo, 2019
Visita delegación de Camboia

Visita delegación de Camboia

Membros da Royal University of Fine Arts de Camboia – សាកលវិទ្យាល័យភូមិន្ទវិចិត្រសិល្បៈ visitan a Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia, no contexto do programa Erasmus que desenvolve o Consorcio ARTES.

Neste mesmo contexto terá lugar a charla de Fernando Poyatos Jiménez, docente da Universidade de Sevilla, pertencente tamén a C-ARTES.

14 Abril, 201915 Abril, 2019
Xornada do patrimonio cultural albanés

Xornada do patrimonio cultural albanés

O 11 de abril celebraremos a “Xornada do Patrimonio Cultural Albanés“, na que unha ampla delegación de profesores e persoal de institucións albanesas compartirán interesante información do patrimonio do seu país como situación, proxectos ou intervencións concretas.

5 Abril, 20198 Abril, 2019
Concurso Día do Patrimonio

Concurso Día do Patrimonio

Co fin de celebrar o Día do patrimonio (16 de novembro) e fomentar o coñecemento e difusión do patrimonio cultural, a Escola promove un concurso entre o alumnado de secundaria e bacharelato de centros de ensinanza de Galicia.

31 Outubro, 201831 Outubro, 2018
  • 1
  • 6
  • 7