Campaña en Cova dos Mouros

Campaña en Cova dos Mouros

A Escola inicia unha nova campaña de verán en Cova dos Mouros.

En colaboración coa Dirección Xeral de Patrimonio Cultural e baixo a dirección de Fernando Carrera, profesor da ESCRBBCCG, un equipo técnico conformado por persoal da UVigo, da USC, da UPM, da UGR e 5 estudantes da Escola, realizarán traballo de campo durante 10 xornadas na Cova dos Mouros, Baleira.

Os obxectivos pretendidos son:

• Cuantificar con precisión a totalidade da pintura prehistórica existente no abrigo de “Cova dos Mouros”.
• Documentar exhaustivamente dita pintura, e o soporte rochoso.
• Para o logro do anterior, resulta imprescindible a realización dunha acción previa de limpeza
que respecte a entidade actual da pintura prehistórica.
• Caracterizar a composición e estabilidade da pintura, do soporte rochoso e do abrigo mesmo.
• Caracterizar estilística y cronoloxicamente as pinturas, para cooperar á valoración patrimonial
definitiva.
• Estimar as posibilidades de deterioro, cuantificando sumariamente os axentes, e como
consecuencia propor accións de protección e conservación axeitadas.
• Converter todas esas actuacións nunha actividade práctica de docencia-aprendizaxe, mediante a participación activa de profesorado e alumnado da ESCRBCG.

A campaña terá lugar entre os días 18 e 30 de xullo.

Ficha técnica do proxecto:

TÍTULO DO PROXECTO
Limpeza, documentación e diagnóstico da Cova dos Mouros, Baleira (Lugo)
XACEMENTO
Cova dos Mouros, Baleira, Lugo (sen catalogar)
LOCALIZACIÓN
A Fontaneira, Baleira, Lugo
PROMOTOR
Consellería de Educación e Cultura
TITULARIDADE DOS TERREOS
Comunidade de Montes de A Fontaneira
EXECUCIÓN
Xullo 2022
DIRECCIÓN DA ACTUACIÓN
Fernando Carrera Ramírez (ESCRBCG)
EQUIPO TÉCNICO
Ramón Fábregas Valcarce (USC), Carlos R. Rellán (UGR), Teresa Rivas Brea, Julia Armesto, Mª
Eugenia López de Silanes, Pío González (UVigo), Luis Jordá Bordehore (UPM).