Author: Escola (Escola de Conservación)

Home / Escola
Xornada de Portas Abertas

Xornada de Portas Abertas

O próximo 1 de abril celebrarase o Día das Artes Galegas, dedicado este ano ao multidisciplinar artista Luís Seoane.

Para celebralo, a Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia realizará unha Xornada de Portas Abertas. Será o 1 de abril con dúas convocatorias, unha ás 12 h e outra ás 17 h.

14 Marzo, 201914 Marzo, 2019
Día de Rosalía

Día de Rosalía

O vindeiro 24 de febreiro celebrarase o Día de Rosalía. A Fundación Rosalía de Castro pon en marcha un ano máis a iniciativa “Caldo de gloria”, animando a celebrar este día compartindo o caldo que a poeta describe no poema “Miña casiña, meu lar”.

21 Febreiro, 201921 Febreiro, 2019
Charlas de egresados

Charlas de egresados

O vindeiro xoves 20 de decembro recibiremos a visita de Adela Vázquez Veiga e Noe Valtierra Pereiro,

16 Decembro, 201816 Decembro, 2018
Devolución de pezas restauradas ó Museo de Pontevedra

Devolución de pezas restauradas ó Museo de Pontevedra

Os alumnos de restauración e conservación de bens escultóricos remataron os traballos sobre varias pezas que foron devoltas recentemente ó Museo de Pontevedra para que a sociedade, presente e futura, poida desfrutar novamente delas.

20 Novembro, 201820 Novembro, 2018
Concurso Día do Patrimonio

Concurso Día do Patrimonio

Co fin de celebrar o Día do patrimonio (16 de novembro) e fomentar o coñecemento e difusión do patrimonio cultural, a Escola promove un concurso entre o alumnado de secundaria e bacharelato de centros de ensinanza de Galicia.

31 Outubro, 201831 Outubro, 2018
VIII Encontros de Conservación e Restauración

VIII Encontros de Conservación e Restauración

Os días 14, 15 e 16 de novembro vai ter lugar no Sexto Edificio a octava edición do Encontro de Conservación e Restauración, organizada polo Museo de Pontevedra e a Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia. O conxunto patrimonial no que se vai centrar este ano 2018 é a Arte rupestre.
Nesta ocasión un grupo de expertos abordarán temas moi amplos relacionados con este patrimonio dende a descripción das súas características ós métodos de estudo e conservación, con magníficos exemplos dalgunhas solucións de protección.

23 Outubro, 201823 Outubro, 2018
PLAMBE 2018-19

PLAMBE 2018-19

A Escola foi seleccionada un curso máis para participar no Plan de Mellora de Bibliotecas organizado pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.
O pasado curso 2017-18 coa axuda recibida realizáronse melloras coma a ampliación do espazo de lectura, a creación dunha zona informal de lectura, a dotación da sala de alumnos con ordenadores e escáner e unha ampla adquisición de fondos.
Este curso agardamos as vosas propostas para seguir mellorando a biblioteca!

29 Setembro, 201813 Maio, 2019