Author: Escola (Escola de Conservación)

Home / Escola
Anxo da Catedral de León

Anxo da Catedral de León

Trátase dun anxo tallado en pedra calcaria procedente do claustro da Catedral de León.
Tratamentos realizados: limpeza mecánica con distintos métodos; eliminación de axentes bilóxicos; aplicación de biocidas preventivos.

San Xerónimo penitente

San Xerónimo penitente

Óleo sobre tea onde aparece a figura semiespida dun San Xerónimo penitente no deserto cos seus característicos atributos, como a caveira, a pedra e a tea que cobre súa nudez. Procede do Mosteiro de Vilanova de Lourenzá, Lugo. Tratamentos: limpeza superficial; desmontaxe do bastidor; reforzo de bordos; novo bastidor (tratado); fixación; limpeza de verniz; estucado; reintegración; vernizado; tratamento do marco.

San Bieito de Nursia

San Bieito de Nursia

Óleo sobre táboa de castiñeiro, rematada en arco de medio punto, que representa a San Bieito de Nursia. Procede de San Martiño Pinario.Tratamentos realizados: empapelado de protección; desinsectación; limpeza; consolidación; fixación; estucado; reintegración matérica e cromática; vernizado; montaxe no marco.

Labra sepulcral

Labra sepulcral

Labra sepulcral xacente, cuberta de sartego que representa a figura de Diego Álvarez de Soutomaior “O Mozo”. Procede das Ruínas de Santo Domingo de Pontevedra.
Tratamentos realizados: limpeza mecánica; limpeza química; engasado; desalgación; eliminación de axentes biolóxicos; consolidación; hidrofugación.

Cerámica galaico-romana

Cerámica galaico-romana

Trátase dunha cerámica galaico-romana, procedente da vila romana de Porta de Arcos (Rodeiro) e pertencente na actualidade ó Museo de Pontevedra.

Realizáronse os seguintes tratamentos: retirada de adhesións antigas; limpeza da superficie; consolidación; adhesión; reintegración estructural; reintegración cromática.

Restauración de retablo da Magdalena

Restauración de retablo da Magdalena

Retablo da Magdalena do Museo Catedralicio e Diocesano de Mondoñedo
O retablo  data, segundo fontes próximas á obra, do século XVII; a talla da Magdalena que alberga é anterior, do século XII, segundo as mesmas fontes. De modo global, podemos afirmar que 0 estado de conservación de todos os elementos da obra era bastante precario. A peza chegou á Escola desmontada.
Tratamentos realizados: Desinsectación; consolidación; sentado de cor; eliminación de cravos; limpeza; reintegración formal; ensamblaxes; estucado; reintegración cromática.

Recuperación de Cerámica Esmaltada

Recuperación de Cerámica Esmaltada

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit. Donec volutpat tincidunt nisi, eget ultrices massa ultrices eu. Nulla semper eu ligula eget efficitur. Nullam vitae urna tortor. Sed eget dui aliquam, scelerisque justo non, iaculis massa. Aliquam eu scelerisque risus, quis tempor eros. Pellentesque sodales fermentum volutpat. Nullam sagittis imperdiet dignissim. Nunc a lorem turpis. Pellentesque elit massa, faucibus nec ligula sed, fermentum accumsan ante. Morbi turpis nisl, gravida eget sapien vel, facilisis ultricies ex. Praesent bibendum molestie mi vel euismod. Proin a iaculis dui. Vestibulum convallis lectus sit amet blandit auctor.

Xornada do patrimonio cultural albanés

Xornada do patrimonio cultural albanés

O 11 de abril celebraremos a “Xornada do Patrimonio Cultural Albanés“, na que unha ampla delegación de profesores e persoal de institucións albanesas compartirán interesante información do patrimonio do seu país como situación, proxectos ou intervencións concretas.

5 Abril, 20198 Abril, 2019