Author: Escola (Escola de Conservación)

Home / Escola
Réplica do tímpano de Palmou

Réplica do tímpano de Palmou

En xullo de 2015 o Xefe de departamento de Tecnoloxía e procedementos de bens culturais, acompañado de estudantes da Escola, realizou un molde do tímpano de Palmou nas instalacións do Museo de Pontevedra. A través deste molde realizáronse dúas réplicas: unha delas foi feita en escaiola para facilitar á Escola de Canteiros a posibilidade de realizar un novo tímpano de pedra a través dunha máquina de puntos. A outra réplica, realizada con morteiro, entregouse ao Museo Tiflológico da ONCE en Madrid. O proceso realizado foi compartido nos IV Encontros de conservación e restauración que a Escola organiza co Museo de Pontevedra.
Ambas réplicas e o molde foron as pezas centrais da exposición Orixinal ou copia, organizada pola Escola coa colaboración do Museo de Pontevedra e a Deputación de Pontevedra,  que pretendía amosar o proceso de fabricación de réplicas e a súa función no ámbito do patrimonio cultural.

https://escolaconservacion.gal/wp-content/uploads/2019/05/PALMOU.mp4

Acceso curso 2019-20

Acceso curso 2019-20

Xa está publicada no Diario Oficial de Galicia a Orde que informa do procedemento para o acceso ó curso 2019-20 na Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia.

8 Maio, 201915 Maio, 2019
MuseumWeek

MuseumWeek

A Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia participa unha edición máis na Museum Week.

6 Maio, 20196 Maio, 2019
Virxe da Pastora

Virxe da Pastora

Virxe da Capela da Pastora, en Cambados.

Talla en madeira policromada e dourada, feita en varias pezas.

Intervención: desinsección por anoxia; empapelado; sentado de cor; consolidación; reintegración formal; enchuletado; limpeza; reintegración cromática; protección final.

Retablo

Retablo

Campaña de verán para intervir o retablo maior de Santa Mariña de Fragas, Campolameiro (Pontevedra)