Documentación e diagnóstico de varios gravados prehistóricos na contorna de Astorga (León) con financiación da Junta de Castilla y León. Ano 2009.
Este proxecto levouse ó Congreso Internacional de Arqueoloxía de Vilalba (Lugo) e mereceu un gran seguemento por parte dos medios de comunicación.
Hemeroteca:
Diario de león
Author: Escola (Escola de Conservación)
Colgante de Ponte Caldelas
Estudo do estado de conservación e técnicas de creación de colgante medieval atopado nas proximidades do Castelo de Caldevergazo de Ponte Caldelas.
Monte do Carrio
O proxecto Monte do Carrio tiña como obxectivo a posta en valor dunha serie de elementos patrimoniais localizados en Monte do Carrio, Lalín. A través do estudo, documentación, diagnose e intervención de conservación pretendíase unha experiencia de traballo nun contexto real para o alumnado coa axuda do profesorado, a pesar de non tratarse dunha actividade propiamente académica (hai que lembrar que a intervención de campo tivo lugar a última semana do mes de xullo de 2017).
Fíxose a referencia xeográfica exacta dos petróglifos coñecidos e incluso se atoparon outros descoñecidos ata o momento. Levouse a cabo a catalogación dos non catalogados e, de todos eles, diagnose, intervención directa e diversas actividades de difusión realizadas en paralelo e durante o curso seguinte. Así mesmo, a experiencia deu lugar a traballos estritamente académicos de investigación, como son os Traballos de Fin de Estudos.
Tímpano bifaz
Tímpano labrado en granito, polas dúas caras. No reverso aparece a Virxe co Neno no regazo e catro anxos. No anverso Cristo crucificado,San Francisco e San Xoán.
Procede das Ruínas de San Domingos de Pontevedra.
Día do libro
Dende a Biblioteca da ESCRBCG queremos felicitarvos este día e animarvos a celebralo pasándovos pola biblioteca para consultar/levar prestado algún libro do voso interese. Así mesmo, podedes consultar no noso catálogo se contamos con ese libro que poida axudarvos con algún dos traballos cos que seguro que andaredes enredados a estas alturas do curso!
Tamén vos deixamos este poema que comparten dende Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia para celebrar este día!
Cruceiro de Valga
Cruceiro de Gandra (Valga) afectado por un acto vandálico.
Reportaxe da chegada do cruceiro á Escola na Voz de Galicia
Visita delegación de Camboia
Membros da Royal University of Fine Arts de Camboia – សាកលវិទ្យាល័យភូមិន្ទវិចិត្រសិល្បៈ visitan a Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia, no contexto do programa Erasmus que desenvolve o Consorcio ARTES.
Neste mesmo contexto terá lugar a charla de Fernando Poyatos Jiménez, docente da Universidade de Sevilla, pertencente tamén a C-ARTES.
Puñal medieval
Puñal medieval do Museo Histórico e Arqueolóxico da Coruña, realizado en ferro.
Anxo
Anxo trompetista do órgano da Igrexa do Mosteiro de Santa María de Oia. Talla que formaba parte do órgano da igrexa. Tratamentos realizados: empapelado de protección de urxencia para traslado; desempapelado en taller; fixación de policromía; desinsección; retirada de elementos metálicos oxidados; limpeza; adhesión; reintegración formal; estucado; reintegración cromática; deseño e execución de sistema de exposición.
Sextercio
Sextercio do Museo Municipal de Ponteareas.
Tratamentos realizados: limpeza mecánica en seco e en húmido; eliminación de cloruros; inhibición; protección.