Representación da Inmaculada Concepción da Virxe procedente do Seminario Maior de Santiago de Compostela.
Óleo sobre lenzo
Representación da Inmaculada Concepción da Virxe procedente do Seminario Maior de Santiago de Compostela.
Óleo sobre lenzo
Óleo sobre lenzo propiedade das Clarisas de Monforte que representa a flaxelación de Cristo.
Óleo sobre lenzo que representa a Coroación da Virxe. Procede da Deputación de Ourense.
Retrato de Alfonso XIII pertencente á Deputación de Ourense.
Óleo sobre tea.
Colgante de arnés de bronce, con forma de corazón e decoración formada por un círculo realizado con pequenas incisións. Procede do Depósito Municipal Arqueolóxico de Lugo.
Principais tratamentos realizados: Análises, consolidación, limpeza mecánica, protección, reintegración volumétrica e cromática
Colgante de prata bañado en ouro, con decoración en forma de perlas e cordón, depositado no Museo do Mar de Vigo.
A peza atópabase enteira pero totalmente mineralizada, polo que resultaba extremadamente fráxil. Tamén estaba moi afectada por cloruros.
Os principais tratamentos realizados foron: limpeza mecánica, limpeza química, adhesión e protección da peza.
Tímpano da Epifanía de Santa María de Vigo, procedente das Ruínas de San Domingos (Pontevedra). Obra realizada en granito á que, tras os estudos previos necesarios, realizóuselle unha limpeza mecánica en seco, limpeza en húmido, aplicación de biocida, limpeza química e consolidación da capa pictórica presente, como tratamentos principais. A peza estaba fraccionada en dous grandes fragmentos e decidiuse non realizar ningún tratamento de unión, xa que non era necesario para a súa correcta lectura.
Figura de San Gregorio Magno procedente das Ruinas de San Domingos de Pontevedra (Museo de Pontevedra).
Escultura en vulto redondo de pedra granítica con presenta restos de policromía e preparación, restaurada na Escola en 2008. Realizouse estudo histórico-artístico, estudo de materiais e técnicas, análise do estado de conservación e intervención (limpeza mecánica en seco e en húmido, eliminación de axentes biolóxicos, limpeza química, desalgación, limpeza da policromía, reintegración matérica e recomendacións de conservación preventiva, principalmente).
Seguindo as indicacións da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional en relación coa pandemia do Covid-19 suspéndese a actividade lectiva na Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais.
Presentamos o Boletín nº 6 da Escola, no que recollemos as actividades máis relevantes de xaneiro e febreiro de 2020.